Ela prometeuse non tocalo, a menos que el a tocase, a menos que el… pero el, non a tocou.



El simplemente, emprega a táctica de rozar coa boca a súa pel e abrasala. Facéndoa pequena o seu lado, acurrucándoa, arrinconándoa, achicándoa… amedrentándoa, non tanto como semella, pero máis do que desexa.


Pero ela…deixase. E acércase, facéndose dona dunha bravura inédita en dirección a comisura dos seus beizos. Suspira porque el nin se mova, pero xírase e a súa perna roza coa dela…e sobresaltada, cae na súa boca. 


Permanece queda, hipnotizada, sen mirar… sabéndose a orixe daqueles latidos que palpitan baixo as sabas. A súa rodilla entremézclase coas súas pernas e trepa polo seu muslo, separándoas, rodeándoo…intenta escapar, dalle a espalda, pero funde o seu nariz no seu pelo, e rompendo mil promesas, buscao. 


Empeñada, case obstinada, en recorrelo enteiro, desliza a súa man…pero arrepíntese e replégase.  
Un susurro casi imperceptible, quizáis non fose máis ca un xemido aplacado antes de nacer, e a súa forte man, redirínxena. E ela, obedece a orde de regreso, deixa que a súa man se entreteña cos caracois do seu peito… xírase e frente a frente, olla para el e non pode negar a súa mirada, pecha os ollos para non saberse descuberta e o mismo tempo fai descender a súa man, que non chega o seu destino… pero a del sí, a súa man chega, explora, toma posesión, faina súa, xa o era, dende un principio xa daba por perdida aquela batalla, o seu era a guerra, pero non os combates corpo a corpo. 




Non lle importa saberse conquistada, 
ela, libremente fíxose prisioneira, 
o mérito é do vencido.











2 comentarios: