Menú especial


Pode que superen as casualidades ás horas. Algo bastante fora do sentido común, ou non. Como quen pide un segundo plato, únicamente para picotear, para colocar as patacas en fila india e facer formas coa graxa do filete. Por algo se chama segundo plato, non por orden nin casualidade, por ...


As casualidades dan dor de cabeza, son como ese ruidito infernal que altera o equilibrio homeóstatico das translocacións robertsonianas e dan lugar a individuos de intelixencia bastante desapercibida. Tampouco se piden á carta individuos así. Pódeme poñer un guapo, romántico e que faga rir a C.?, un deses raros que solo dan dores de cabeza para L.?; un cachondo de gimnasio sen cerebro algún para B.?, un ex-dalgunha outra para A. que nunca se cansa de repetir ás experiencias fallidas e máis que erróneas das súas amigas?. 

Camarerooooooooo 

Podes facer que me diga que me quere? 

Un "quérote" á carta, sería demasiado. Botar as mans á cabeza ó pedir a conta. Darnos conta que eleximos segundos platos coma entrantes e que á hora do postre, non quedan nin ganas nin cartos cos que pagar tanto desperdicio. Que non chegen os dedos da man para chupar tanta fartura innecesaria, insípida e ignorante do que é unha dieta saudable. Pasarse pedindo, demasiado, moito máis do que colle no bandullo. Empache.

Moitos, moitos bicos
Moitas, moitas casualidades.
Moitos, moitos postres, moitos máis dos que podas comer.



1 comentario: