E ahí está el. Un home que venceu ás ataduras do seu tempo; tempo que agora se reflicte en todas e cada unha das veas polas que surcan paseniñamente baixo a súa pel: parece que contan as súas falcatruadas, cada unha das gargalladas que fixo brotar nos demais. Labrou toda a súa vida con alegrías e sobretodo, con amor polos seus: pola súa dona, princesa de todas as mulleres; polos seus fillos, mosqueteros sempre na defensa dos seus proxenitores; polos seus irmáns, amparados sempre pola súa mau bondadosa; polos seus pais, aflorados sempre nos recordos máis morriñentos; polos seus netos, ós que retou a vivir co seu exemplo. Nunca caeu rendido na loita polo benestar dos seus, nunca faltou a preocupación, o amor incondicional, o apoio a todos, en todo, para todo.

E ahí está el. Baldado, sen insistir máis nesta vida, pero sen desistir no retraso dese anhelado sono. Debe estar na súa natureza ser loitador, así o foi toda a vida. Entremezcla palabras sen sentido cos nosos nomes, espallando a ilusión de que nos recoñece neses rostros que o miran con admiración edulcorada polo home que lles mostrou donde está a calidade da vida. Eu agóchome contra el, escoitando atentamente os delirios dos anos mesturados cos seus recordos máis profundos, o nome de ela, "A Delmira", capitanea as súas lembranzas. El, liderará sempre as miñas, sempre, porque todo ó que espero da vida mo ensinou el, deixando o listón moi alto, inalcalzable, pero sembrando en min a ilusión de que un día mirarei chover e poderei gabarme de que algo de ese home de inmensas maus se quedou na miña vida para sempre, e non só o imborrable recordo de sentirme coidada.

E ahí está el. E aquí seguirei eu, esperando que os días de choiva  me recorden que o home da miña vida se chamaba "abuelo".






3 comentarios:

  1. So espero que un dia meus netos podan decir o mesmo de min.

    ResponderEliminar
  2. Ninguén mellor ca ti para escribir;
    Ninguén mellor que el para merecer isto.
    E ahí está el, si, loitando sen perder o sorriso, sen perder esa paz, uníndonos a todos;
    como sempre fixo.

    ResponderEliminar
  3. No se si algun dia alguien me cantara asi...pero me gustaria. Feliz Navidad, dende hoxe e Ataque Escampe.

    ResponderEliminar